Sunday 28 de April de 2024

Bugallo sinala que “VOX verbaliza o que o PP pensa pero non se atreve a dicir sobre a reforma das pensións que propoñen”


–O candidato socialista ao Senado estivo hoxe na feira de Cee xunto ao tamén candidato a senador Fabián Canosa

O candidato número 1 do PSdeG-PSOE ao Senado na provincia, Xosé Sánchez Bugallo, estivo hoxe na feira de Cee, acompañado polo tamén candidato socialista a senador pola mesma circunscripción Fabián Canosa.
Bugallo sinalou que “Vox verbaliza o que o PP pensa pero non se atreve a dicir sobre a reforma das pensións que propoñen”, en referencia a unhas declaracións de Espinosa de los Monteros nas que este reclama que as pensións queden conxeladas ata que se elimine o déficit público.
“Noutras palabras, isto significaría que durante os próximos 4 anos estarían conxeladas as pensións, e, polo tanto, todos os pensionistas perderíamos en torno a un 10% ou incluso un 20% do noso poder adquisitivo tendo en conta a inflación previsible”, explicou Bugallo.
O candidato ao senado e tamén ex-alcalde de Santiago de Compostela emprazou ao PP a “explicitar a súa axenda oculta”, xa que Núñez Feijóo xa anunciou que a súa pretensión é reformar de inmediato a Lei de Pensións.
“Ningún dos 10 millóns de pensionistas nos debemos levar a engano con relación a esta cuestións, e tampouco as persoas que actualmente están cotizando, que previsiblemente verían ampliado tanto o tempo necesario de cotización como o tempo que se utilizará para calcular a súa pensión”, concluíu o socialista.